@ideascoag
destacados

#ideascoag

El Laboratorio de Ideas fue una iniciativa puesta en marcha por el Colegio de Arquitectos de Galicia y desarrollada durante nueves meses por varios arquitectos. En Junio de 2012 se celebró un debate de dos días en la sede del COAG en Vigo. Esta pagina web recoge textos, videos y enlaces sobre temas similares.

Anuncios

Acerca de ideascoag

Laboratorio de Ideas impulsado por el COAG Vigo con el fin del plantear debates sobre la actual situación de los arquitectos y la arquitectura, fomentando la participación abierta y el debate público.

Comentarios

Un comentario en “#ideascoag

  1. Para laboratorio de ideas

    Acontecementos recentes no COAG lévanme a facer as seguintes reflexións.

    Levo trinta anos de exercicio da profesión e determinadas discusións ou temáticas sempre me pareceron estériles ou baleiras, e seguen a parecerme así, sen embargo entendo chegado o momento de entrar no debate.

    Como mellorar a imaxe do arquitecto na sociedade.
    Como explicar á sociedade o papel e a necesidade do arquitecto.

    Dende que empecei os estudos de arquitectura na segunda promoción da ETSA de A Coruña (e xa choveu) escoitei inquedanzas coma estas e, repito, sempre me pareceron aspiracións presuntuosas e, sen dúbida, imposibles de acadar.
    Necesita o colectivo de fontaneiros ou carpinteiros ou tendeiros facerse este tipo de preguntas? Obviamente non. Limítanse a exercer o seu oficio o mellor que saben e poden.
    Non vou mimetizar a figura do arquitecto coa dun fontaneiro dado que a arquitectura manexa elementos intanxibles (morais, estéticos, culturais, sociais) dos que carecen outros oficios; pero si que o traballo concreto e diario do arquitecto ten que ver, directamente, co exercicio dun oficio: Proxectar e dirixir (sen esquecer outras ocupacións profesionais derivadas ou paralelas a estas).
    A imaxe do arquitecto na sociedade depende, dependeu e dependerá do que fagan os arquitectos, de cómo cada un de nos exerza a profesión. Non hai outra. Pretender mellorar a nosa imaxe doutro xeito será unha tarefa sempre infrutuosa e baleira.
    Que son cincocentos avogados no fondo mar? Un bo principio… Reza un chiste de avogados nos EEUU, que reflicte con humor e crueza a imaxe que deles teñen os seus concidadáns. Isto mesmo o poderiamos dicir, coas adaptacións necesarias, da imaxe que do arquitecto ten a sociedade do noso país.

    – Detrás dunha desfeita arquitectónica ou urbanística sempre, sempre, está a firma (no proxecto e, no seu caso, na dirección de obra) dun arquitecto ou de varios.
    – Os arquitectos peritos xudiciais que fan a seu ditame nun sentido ou noutro dependendo de quen pague son lexión.
    – Os arquitectos que consideran que unha dirección de obra abonda con tres ou catro visitas e que estar a pé de obra e cousa dos aparelladores non son poucos.
    – Os arquitectos “de prestixio” e nome coñecido que consideran que o presuposto da obra se pode duplicar ou triplicar sen problema e sen que lles dea vergoña son case que todos (e o peor e que, moitos deles, ensinan isto nas escolas de arquitectura).
    – Os arquitectos que senten coma un erro propio as gretas, goteiras, filtracións e humidades de condensación (por máis que o edificio fora premiado en algún concurso ou certame) non abundan.
    – Cantos proxectos que gañan un concursos de arquitectura e que, cando se formalizan no proxecto de execución, exceden con moito ou é imposible que cumpran co presuposto de execución das bases? A inmensa maioría.
    – Cantos arquitectos “de prestixio” teñen unha sección “B” no seu estudio onde se fai arquitectura noxenta e de ínfima calidade para conseguir cartos e pagar a participación nos concurso de arquitectura? Que cada quen poña o número.

    Pensamos que, con este panorama (e outros exemplos similares), temos algo que facer, como colectivo, para mellorar a nosa imaxe ou explicarlle á sociedade o útil que é a nosa profesión? Entendo que non.
    A imaxe que proxectamos nos nosos concidadáns depende (na nosa profesión ou en calquera outra) da suma das nosas actuacións individuais; se a visión de conxunto é negativa é porque, en xeral, abunda máis a mala praxis.

    SOLUCIÓNS:

    Se asumimos todo o anterior como real e, ademais, deixamos de considerarnos entes superiores por riba da realidade da rúa, non será difícil atopar as medidas que, á medio e longo prazo, melloren dun xeito natural a nosa imaxe na sociedade.

    Senén Olano
    senenoa@yahoo.es

    Publicado por Senén Olano Alvarez | 2013/02/19, 14:23

Sigue el debate

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s